A Rede galega RISEGAL participou o pasado sábado na Feira das Industrias Culturais Galegas (CULTURGAL) celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra co apoio da Unidade de Cultura Científica do CSIC.
Marta López, coordinadora de RISEGAL e Luisa Martínez, representante da UCC de Galicia, levaron a cabo unha acción de ciencia cidadá. Os participantes na actividade visualizaron un vídeo sobre RISEGAL e posteriormente cubriron unha enquisa co obxectivo de coñecer a percepción do risco en aspectos de seguridade alimentaria que ten a sociedade galega.
A iniciativa servíu para achegar os obxectivos de RISEGAL á sociedade e resolver algunhas das moitas cuestións sobor de seguridade alimentaria plantexadas polos consumidores durante a actividade.
Inxenia Audiovisual