“As leis en Europa dan o dereito aos consumidores de coñecer como se producen, procesan, envasan, etiquetan e venden os alimentos. A confianza dos cidadáns europeos na seguridade alimentaria é moi alta, con todo, a cantidade de información dispoñible pode ser abafadora e por iso é moi importante unha boa comunicación”. Marta Hugas, directora científica de la EFSA.
Martas Hugas foi convidada pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) na celebración do seu 20 aniversario. Na súa charla fixo un repaso da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), a súa colaboración con AESAN e os plans de futuro da Autoridade. Nesta sección recóllense algúns dos temas expostos por ela.
Inicialmente citou as funcións de EFSA
EFSA tiene a obriga de :
dar consello científico aos xestores do risco — Comisión Europea, Estados Membros (EEMM) e o Parlamento Europeo)— para que poidan adoptar regulamentos, leis que vaian na dirección de mellorar a protección ao consumidor. Para iso, realízanse avaliacións de risco xenéricas (sanidade animal, sanidade vexetal, riscos biolóxicos, contaminantes químicos e benestar animal) e aconséllase cando un alimento novo pode ser posto no mercado (fariña de insectos, aditivo alimentario,…)
comunicar o risco, dar información aos EEMM e ao consumidor en xeral con campañas deseñadas para tal fin
Tamén informou á audiencia que o Regulamento sobre a transparencia e a sustentabilidade da determinación ou avaliación do risco na UE na cadea alimentaria está implementada desde marzo deste ano. Este regulamento reforza a capacidade de EFSA para realizar as súas avaliacións de risco cos máis altos requirimentos de transparencia, para aumentar a confianza, a obxectividade e a independencia dos estudos para reforzar a gobernanza e para asegurar unha sustentabilidade a longo prazo. Ademais estipula que os cidadáns teñen dereito á información dos estudos da avaliación de risco (por exemplo, o que pedise unha empresa en concreto), así como, que teñen que ser consultados para elaborar o ditame final. Seguidamente comentou a planificación inmediata da EFSA.
ESTRATEXIA DA EFSA PARA OS VINDEIROS 7 AÑOS
En concreto teñen estudar Como …
- integrar as novas metodoloxías, p. ex. de avaliación de riscos químicos minimizando o uso de animais de experimentación?
- integrar intelixencia artificial e novos sistemas de análises de datos?
- compartir os datos obtidos nos diferentes elos da cadea alimentaria para producir avaliacións de risco máis seguras e transparentes?
- estar preparados para poder identificar os novos riscos emerxentes e como xestionalos?
IDENTIFICACIÓN E XESTIÓN DE RISCOS EMERXENTES EN ALIMENTOS
En maio, nos Dialógos do Cumio sobre os Sistemas Alimentarios, discutiuse sobre os retos e oportunidades na implementación da «Estratexia da granxa a mesa» cos 2 comités dos riscos emerxentes e a Comisión Europea. Os temas nos que se fixo fincapé foron: redución do uso de antibióticos en sanidade humana e animal; transición cara unha dieta saudable que proveña dun sistema alimentario sostible; redución dos desperdicios na economía circular; redución de fitosanitarios e o incremento de sistemas orgánicos de produción.
No tema dos riscos emerxentes, EFSA ten varios proxectos para identificar as vulnerabilidades da economía circular e dispoñer dos mecanismos para tratalas para que non incidan na seguridade dos alimentos cando chegan ao consumidor.
CASO DE ÉXITO NA IDENTIFICACIÓN DUN RISCO EMERXENTE. “A ciguatoxina”
Xa finalizado o proxecto sobre dita biotoxina, actualmente estase estudando como implementar unha etiqueta europea para os produtos relacionados con este risco.
Sobre o traballo da EFSA para reducir as resistencias aos antibióticos podes escoitar o seguinte vídeo.
RESISTENCIAS ANTIMICROBIANAS. “A pandemia escondida”
A intervención de Marta Hugas e otros invitados a podes consultar a través da noticia da xornada da AESAN.