Investigación e Desenvolvemento

Foros científicos

Expertos internacionais porán en común o seu coñecemento nos talleres e seminarios programados ao longo do ano 2018.

Foros sector agroalimentario

Todas as empresas da cadea alimentaria teñen a información necesaria para estudar en conxunto os riscos emerxentes en Galicia. Os foros organizados contarán tamén coa presenza dos representantes da administración e dos organismos públicos de investigación.

Estudos de prospectiva predictiva

Os resultados da prospectiva predictiva de riscos emerxentes en Galicia estarán recollidos nas publicacións da rede Risegal.

Monitoraxe analítica dos riscos emerxentes

Elaboración dunha proposta do seguimento e control dos riscos emerxentes na cadea alimentaria galega.

Desenvolvemento de estratexias para previr ou reducir a niveis aceptables os riscos identificados

Risegal comeza o seu labor investigador na procura do coñecemento necesario para a elaboración dun catálogo de procedementos de control dos riscos definidos en cada etapa do sector agroalimentario.

Novas propostas de I+D

Os grupos de investigación de Risegal van propoñer novos proxectos de investigación, en colaboración con outros expertos en factores impulsores dos riscos emerxentes, nos escenarios mais vulnerábeis.