Preocupación pola fraude alimentaria nos consumidores europeos

Recentemente publicouse un Eurobarómetro da Unión Europea coas respostas dos cidadáns sobre algunhas cuestións relacionadas co desenvolvemento de un sistema alimentario xustosaudable respectuoso co medio ambiente (1). A fraude alimentaria é un dos temas recolleitos nesta enquisa, realizada en 2020, para coñecer cales eran os aspectos que suscitan máis preocupación sobre este acto delituoso.

Como se indica na devandita enquisa, prácticas fraudulentas cos alimentos poden prexudicar a cadea de subministración, xerar desconfianza nos consumidores e problemas de seguridade dispoñibilidade dos alimentos afectados. A resposta maioritaria dos cidadáns europeos (Figura 1) é que non queren ser enganados respecto das características dun determinado alimento  (61 %) e en segundo lugar, non queren que se poña en risco a súa saúde (55 %). Nestes 2 aspectos a resposta no territorio español foi algo maior, 68 e 58 % respectivamente. Ademais é importante para os enquisados a seguridade, ter a certeza de que os alimentos cumpren a normativa de seguridade alimentaria europea, tanto para os producidos nos Estados Membros, como aqueles que son importados.

Figura 1. Resultados sobre a fraude alimentaria no Eurobarómetro 2020. Porcentaxe das respostas obtidas en España (ES) frente á media europea (EU)

Desafortunadamente, a fraude alimentaria foi unha práctica recorrente ao longo da historia e causante de moitas das crises alimentarias rexistradas en distintos países europeos (aceite tóxico de colza, dioxinas en pitos, fipronil en ovos…). Este tipo de fraude pode representar un risco potencial para a saúde por introducir un elemento novo ou inesperado na cadea alimentaria. É o caso das adulteraciónssubstitucións ou os reclamos falsos sobre beneficios para a saúde.

En 2019, RISEGAL realizou unha enquisa de percepción de risco alimentario en Galicia que foi publicada recentemente na revista Alimentaria (2). Neste estudo tamén se preguntou sobre a fraude alimentaria e o 59% dos participantes sinalaron a opción de maior grao de preocupación.

Coñecidas as repercusións desta práctica delituosa, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) mantén o interese en seguir colaborando coa Rede Europea da Fraude Alimentaria como unha estratexia que contribúe a asegurar a saúde dos cidadáns europeos (3).

Bibliografía
(1) Special Eurobarometer 505: Making our food fit for the future – Citizens’ expectations. Resultados en España
(2) Estudio preliminar de percepción de riesgos en seguridad alimentaria en Galicia. Alimentaria nº 519
(3) European Food Safety Authority (EFSA), Afonso A., Matas R. G., Maggiore A., Merten C. & Anran Yin Tobin Robinson. 2019. EFSA’s activities on emerging risks in 2018. Technical Report doi:10.2903/sp.efsa.2019.EN-1704