Investigacións Agroambientais e Alimentarias (AA1-UVigo)

Institución: Facultade de Ciencias de Ourense da Universidade de Vigo
Investigador: Jesús Simal Gándara
AA1

Presentación

O grupo de investigacións agro-ambientais e alimentarias, AA1 da UVigo, é un grupo de referencia competitiva, recoñecido como tal pola Xunta de Galicia desde o ano 2007. Trátase dun grupo de investigación dinámico e produtivo formado por investigadores da Facultade de Ciencias de Ourense (Universidade de Vigo). Os diversos membros deste grupo pertencen a tres diferentes áreas de coñecemento: Nutrición e Bromatoloxía, Edafología e Química Agrícola, e Química Física, polo que é un grupo multidisciplinario.Todos eles desenvolveron a súa actividade en distintos elos da cadea alimentaria, e comparten o obxectivo de mellorar a produción, a calidade e a seguridade das materias primas e dos alimentos seguindo, do mesmo xeito que outros centros punteiros neste campo a nivel internacional, unha perspectiva global “da granxa á mesa”. As liñas de traballo do AA1 agrúpanse en 2 eixos estratéxicos:

  • Eixe de produción-tecnolóxico: estudo das funcións produtivas do chan, e a sustentabilidade do seu uso agrícola; desenvolvemento e mellora de alimentos co uso de subproductos da industria alimentaria.
  • Eixe de calidade-seguridade: deseño de ferramentas para controlar a calidade baseadas en cromatografía, espectrometría de masas e sensores; determinación de contaminantes orgánicos persistentes, e de ingredientes sápido-aromáticos e funcionais.

Publicacións recomendadas

  • Fasano, E.; Yebra-Pimentel, I.; Martínez-Carballo, E.; Simal-Gándara, J. Profiling, distribution and levels of carcinogenic polycyclic aromatic hydrocarbons in traditional smoked plant and animal foods. Food Control, 2016, 581-590.
  • López-Fernández, O.; Rial-Otero, R.; Simal-Gándara, J.; Boned, J. Dissipation kinetics of pre-plant pesticides in greenhouse-devoted soils. Science of the Total Environment, 2016, 543, 1-8.
  • Noguerol-Pato, R.; Fernández-Cruz, T.; Sieiro-Sampedro, T.; González-Barreiro, C.; Cancho-Grande, B.; Cilla-García, D.A.; García-Pastor, M.; Martínez-Soria, M.T.; Sanz-Asensio, J.; Simal-Gándara, J. Dissipation of fungicide residues during winemaking and their effects on fermentation and the volatile composition of wines. Journal of Agricultural and Food Chemistry, 2016, 64(6), 1344-1354.
  • Rey-Salgueiro, L.; Martínez-Carballo, E.; Cid, A.; Simal-Gándara, J. Determination of kinetic bioconcentration in mussels after short term exposure to polycyclic aromatic hydrocarbons. Heliyon, 2017, 3, e00231.
  • Fernández-Cruz, T.; Martínez-Carballo, E.; Simal-Gándara, J. Optimization of selective pressurized liquid extraction of organic pollutants in placenta to evaluate prenatal exposure. Journal of Chromatography A, 2017, 1495, 1–11.