Grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña (Ecobiomar)

Institución: Consejo Superior de Investigaciones Científicas
Investigador: Santiago Pascual del Hierro
Ecobiomar

Presentación

O grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña do IIM-CSIC ten unha ampla traxectoria investigadora no estudo da diversidade de compoñentes do ecosistema mariño, así como do papel dos devanditos compoñentes na estrutura e función dos ecosistemas. A liña principal de traballo é a comprensión da bioecoloxía de recursos mariños renovables explotados, analizando os aspectos claves da súa bioloxía (idade, crecemento, maduración, fitness) e os determinantes ecolóxicos do seu recrutamento e potencial produtivo.

Un dos aspectos de gran relevancia que afectan individual e poblacionalmente a estes recursos e o conxunto de especies parásitas que forman parte do proceso evolutivo do holosistema, ben polo seu papel como bioagresores con potencial patoxénico ou ben polo seu potencial zoonótico cando os recursos son capturados e entran na cadea de valor dos produtos da pesca. É entón, cando o recurso xestiónase como alimento, cando son relevantes os aspectos zoosanitarios relacionados co impacto das parasitosis na calidade, calidez e seguridade alimentaria. A biodiversidade da fauna parasitaria asociada aos produtos da pesca é enorme, aínda que só nalgunhas especies é recoñecible o seu potencial zoonótico e/ou alerxénico asociados a procesos de hipersensibilización post-infección.

En Ecobiomar centrámonos na epidemioloxía molecular destes axentes zoonóticos, na elaboración de perfís e categorización de risco para cada unha das matrices alimentarias propostas, e no desenvolvemento de medidas analíticas e de control que capitalicen e capaciten á industria nos seus procesos de autocontrol.

Publicacións recomendadas

  • Bao, M.; Pierce G.J.; Pascual, S.; González-Muñoz M.; Mattiucci S.; Mladineo I.; Cipriani P.; Buselic I.; Strachan N.J.C. Assessing the Risk of an emerging zoonosis of worldwide concern: Anisakiasis. Nature Scientific Reports, 2017, 7: 43699.
  • Llarena M.; Abollo E.; Pascual S. Microsporidian xenomas of anglerfish from NE atlantic waters. Journal of Fish Diseases, 2017, 40 (11): 1587-1598.
  • Levsen, A.; Svanevik C.; Cipiriani P.; Mattiucci S.; Gay M.; Hastie, L.; Pierce G.; Buselic I.; Mladineo I.; Karl H.; Ostermeyer U.; Buchmann K.; Hojgaard D.; González A.; Pascual S. A survey of zoonotic nematodes of commercial key fish species from major european fishing grounds – introducing the FP7 PARASITE exposure assessment study. Fisheries Research, In Press.
  • Pascual S.; Rodríguez H.; Pierce G.J.; Hastie L.C.; González A.F. The NE Atlantic hake: a neglected high exposure risk for zoonotic parasites in european fish markets. Fisheries Research, In Press.
  • González A.F.; Rodriguez H.; Outeiriño L.; Vello C.; Larsson C.; Pascual S. A biobanking platform for fish-borne zoonotic parasites: a traceable system to preserve samples, data and money. Fisheries Research, In Press.