O programa “Gente despierta” de Radio Nacional de España entrevistou o 17 de abril a Marta Hugas, directora científica da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA). Esta institución proporciona dictames científicos e informa sobre os riscos relacionados coa cadea alimentaria.
Na presentación deste espazo xornalístico faise unha recopilación das crises alimentarias anteriores á creación da EFSA en 2002 e do traballo da microbióloga Marta Hugas na mesma.
Durante a charla a investigadora explícanos o funcionamento desta institución científica e a súa importancia para outras institucións que teñen que tomar decisións sobre o sistema agroalimentario europeo. Tamén comenta algúns temas sobre os que se está traballando actualmente para garantir que os consumidores dispoñan de alimentos seguros e das ofertas de emprego para traballar na EFSA.
A entrevista completa pódela escoitar aquí, donde fálase de:
00:00 Presentación 3:50 Funcións da EFSA 4:25 Os estudos científicos e os xestores do risco 5:20 A EFSA para a industria 6:50 Independencia dos expertos colaboradores. Conflitos de interese 10:25 Avaliación de reclamos nutricionales 12:30 Risco de intoxicación 13:40 Responsabilidade dos cidadáns 14:45 Transgénicos desde o punto de vista alimentario 16:35 Informacións equivocadas 18:30 Novos produtos como os insectos 20:40 Benestar animal 21:25 Modas como o consumo de leite cru 23:00 Vixilancia de tendencias como o caso dos ósos de albaricoques 23:55 Sobre o etiquetado 24:50 Traxectoria de Marta Hugas na EFSA 26:30 Traballadores da EFSA 27:20 Ofertas de emprego na EFSA 28:15 Razóns de M. Hugas para ser científica 29:45 Importancia para os consumidores de votar nas eleccións europeas