Breve enquisa centrada na produción e comercialización de moluscos bivalvos para detectar problemas emerxentes que poidan perxudicar o sector. RISEGAL invita a participación do sector industrial, así como a doutros axentes sociais, como profesionais sanitarios e consumidores para identificar riscos emerxentes que podan afectar a seguridade alimentaria en Galicia.
Os problemas emerxentes identificados serán analizados a fin de identificar posibles riscos emerxentes e así poder suscitar solucións ou medidas de mitigación que preserven a importancia socio-económica do sector.
Por problema emerxente (“emerging issue”) debe entenderse calquera problema xeral ou particular ou factor impulsor de cambio cuxos efectos non son coñecidos e poidan relacionarse coa aparición de riscos emerxentes en seguridade alimentaria. Como exemplos identificados pola EFSA atópanse:
- Riscos asociados ao consumo de algas
- Incremento na incidencia de Escherichia coli enterohemorrágica
- A economía circular.Resistencia a antibióticos asociados ao seu uso en acuicultura.
Segundo a EFSA, risco emerxente (“emerging risk”) é aquel asociado con:
- Un novo perigo (axente) ao que poida haber unha exposición significativa
- Un perigo coñecido ao que haxa unha exposición non esperada
- Un perigo coñecido ao que haxa unha susceptibilidad poblacional non esperada
Agradecémoslle de antemán a súa participación na enquisa. Só lle levará 5-10 minutos completala.