Convocatorias
Proposta H2020 en seguridade alimentaria
No Portal do Participante (Investigación e Desenvolvemento) da Comunidade Europea, ofrécese a posibilidade de buscar ou presentarse como socio para posibles propostas de proxectos cun enfoque integrador relacionados co control da cadea alimentaria. Datas fin 23/01/19 e 04/09/19.
3rd Agriculture and Climate Change Conference
Congreso sobre cambio climático e agricultura. Os resumos poden enviarse ata o 22/10/18.
Proxectos sobre novos enfoques na investigación da resistencia antimicrobiana
A fundación Bill & Melinda Gates financiará proxectos sobre resistencia aos antimicrobianos para entender a prevalencia deste problema nos países en desenvolvemento e a súa contribución á taxa de mortalidad. Datas límite: 16/05/18 para Africa, 25/05/18 para India, 28/05/18 para Brasil
FoodMicro Conference 2018
Na data 09/04/18 conclúe o prazo de envío de resumos para o congreso Food Micro que este ano vaise celebrar en Berlín. No seguinte enlace detállanse os seus temas de interese.
XXI Congreso Nacional de Microbiología de los Alimentos
O prazo para o envío de resumos para este congreso remata o 04/05/18. Nesta ocasión trataranse temas como os patóxenos emerxentes, a resistencia a antibióticos e microorganismos en alimentos de orixe mariña, entre outros. O programa detallado indícase en
Presentación de comunicacións científicas para SESAL
A Sociedade Española de Seguridade e Calidade Alimentarias (SESAL) celebrará este ano a súa reunión anual co lema “Da Seguridade á Integridade Alimentaria”. As comunicacións deben presentarse antes do 15/09/18 ao correo electrónico sesal@suportserveis.com
Oferta de traballo en desenvolvemento de novos produtos
Empresa en Galicia precisa un titulado universitario para colaborar no deseño e análise de novos produtos
Oferta de traballo en Microbioloxía/Epidemioloxía
O centro de Parma (Italia) da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) ofrece un posto de Funcionario científico subalterno – Microbioloxía/Epidemioloxía. As solicitudes pódense enviar por vía telemática ata o 07/03/18.
Programa de becas EU-FORA da EFSA
Dirixido a científicos que queiran aumentar os seus coñecementos e experiencia en avaliación de riscos e seguridade alimentaria, a través da realización de estancias dun ano de duración noutras organizacións europeas que participen en actividades de avaliación de riscos. Data límite 31/01/18
Convocatoria SUSFOOD2 ERA-NET
Con esta convocatoria preténdese fortalecer un sistema de alimentación sostible cubrindo toda a cadea subministradora afectada polos recursos limitados, disponibilidade de auga, degradación de chans, perda da biodiversidade, e o impacto do cambio climático. Data 13/03/2017