Conclusións da EFSA do brote de listeriosis en Europa

Cando se producen casos dunha mesma enfermidade en varios países da Unión Europea, a European Food Safety Authority (EFSA) e o Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades ―en colaboración cos países afectados― poñen en marcha o protocolo de Avaliación Rápida de Brotes. Este inclúe a investigación para identificar a orixe do brote e a distribución dos produtos contaminados para poder previr a propagación do mesmo.

O 22 de marzo a EFSA publicou unhas conclusións do brote de Listeria monocytogenes detectado en Austria, Dinamarca, Finlandia, Suecia e o Reino Unido que desde 2015 afectou a 32 persoas, das cales 6 faleceron.

En resumo cítase que:

  •  L. monocytogenes do serogrupo IVB, tipo 6 é o axente causante
  • O maíz conxelado é o alimento contaminado
  • Empresas en Hungría (produción/proceso) e Polonia (envasado), na orixe
  • Retiráronse os produtos sospeitosos, que inclúen tamén mesturas de vegetales
  • É posible a ocorrencia de novos casos debido ao longo periodo de incubación (70 días)
  • Recoméndase someter ás verduras a máis de 65 °C sobre todo no caso de grupos de risco