Aviso legal e Política de Privacidade

Condicións de uso

A páxina web da Rede Galega de Riscos Emerxentes en Seguridade Alimentaria (Risegal) é unha canle de comunicación dirixido a todas as persoas interesadas na seguridade dos alimentos onde se inclúe a información das diversas liñas de actuación que a rede irá desenvolvendo a partir do ano 2018.

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web están baixo a tutela do comité científico da rede e amparados polas institucións científicas que representan.

A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe.

Termos de uso

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de xeito inadecuado atendendo á súa propia finalidade.

O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou información ofrecida.

Privacidade

A política de privacidade da web Risegal baséase en solicitar únicamente os datos estrictamente imprescindibles para poder proporcionar os servizos da web.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informáticamente ou se arquivarán co consentimento do cidadán, quen ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que os mesmos sexan exactos e que se utilicen para o fin que se recollen, coas excepcións contempladas na lexislación vixente.