Avances en LC/MS/MS para dar resposta aos desafíos en acuicultura

O grupo AA1 (Uvigo), pertencente á rede RISEGAL, organizou un seminario sobre analíticas de alta resolución para determinar, entre outros, contaminantes, residuos e biotoxinas en distintas etapas da produción acuícola. Nesta xornada os ponentes explicarán a tecnoloxía da aplicación conxunta da cromatografía líquida (LC) coa espectrometría de masas (MS) e ata o acoplamiento de analizadores para aumentar a sensibilidade e obter información estructural dos analítos de interese.

A xornada celébrase no Campus de Ourense o 30 de maio e conta coa Dr. Ana Gago (directora do Laboratorio de Referencia da Unión Europea para Biotoxinas Mariñas), o Dr. Thierry Dagnac, (Agronomic and Agrarian Research Centre, INGACAL-CIAM), Dr. Manuel Lolo (AMS LAB), así como, especialistas dos equipos de SCIEX. En resumo, preténdese obter unha visión de integrada dos casos prácticos da aplicación desta tecnoloxía cos novos avances e a súa potencialidade.

Ler máis

Ver en UVigo tv todas as charlas da xornada