ASEQURA cuantificará o risco microbiolóxico nos alimentos

Comeza o proxecto “Avaliación cuantitativa do risco microbiolóxico de patóxenos de transmisión alimentaria de alta relevancia para a saúde pública en España: Listeria monocytogenes en cadeas de procesado (ASEQURA)” financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

ASEQURA ten como obxectivo levar a cabo unha Avaliación Cuantitativa do Risco Microbiológico (ECRM) de Listeria monocytogenes en produtos da pesca e en derivados cárnicos, prestando especial atención á formación de biofilms e a fenómenos de contaminación cruzada como fonte de contaminación dos alimentos en cadeas de procesado.

ASEQURA contribúe ademais a asegurar un sistema alimentario sostíbel con altos estándares de seguridade, de acordo coa Estratexia “Da Granxa á Mesa” (Farm to Fork Strategy) aliñada co Pacto Verde Europeo (European Green Deal).

En breve, poderase consultar toda a información relativa a este proxecto na páxina web de ASEQURA