Con motivo da celebración dos 20 anos de existencia da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), celebrouse unha xornada científico-técnica á que foron convidadas persoas con responsabilidade en distintos postos relacionados directamente coa seguridade alimentaria. Entre elas, contouse coa participación de Luís Vivas Alegre da Dirección Xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria (DG SANTE) da Comisión Europea.
Como experto na Estratexia da Granxa á Mesa indicou que esta ten en conta todo o ámbito dun Sistema Alimentario, que non é lineal e no que están implicados aspectos económicos, ambientais, de biodiversidade e de países en vías de desenvolvemento. Con esta estratexia contribúese ao cumprimento do Pacto Verde Europeo e aos ODS da Nacións Unidas.
ESTRATEXIA DA GRANXA Á MESA
En definitiva coméntanos cal é o obxectivo e as accións propostas para lograr un Sistema Alimentario Xusto, Saudable e Respectuoso co Medio Ambiente.
OBXECTIVO E ACCIÓNS DA ESTRATEXIA
Na estratexia hai 2 iniciativas horizontais ou transversais: (1) un plan de continxencia de dispoñibilidade de alimentos en situacións de crises na Unión Europea e (2) un marco lexislativo para sistemas alimentarios sostibles. No seguinte vídeo o experto explica esta última.
MARCO LEXISLATIVO PARA SISTEMAS ALIMENTARIOS SOSTENIBLES
As outras 25 propostas de acción pretenden:
Garantir a produción alimentaria sostible, enfocado sobre todo ao sector primario
Estimular prácticas sustentables de transformación de alimentos no comercio (almacenista e comerciante polo miúdo), en hostalería e servizos alimentarios.
Promocionar o consumo sostible de alimentos
Facilitar a transición cara a dietas saudables e sostibles
Unha das ferramentas para conseguir a sustentabilidade na cadea alimentaria vai ser o investimento en Investigación e Innovación.
INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN NA ESTRATEXIA
Luís Vivas indicou a proposta para introducir unha etiquetaxe nutricional obrigatoria na UE e a importancia de indicar a orixe dos alimentos. No marco legal europeo xa hai unha lista de produtos os que habería que solicitar información da orixe (de procedencia) e preténdese que este número aumente.
ETIQUETAXE: NUTRICIÓN E ORIXE
Outros aspectos importantes na etiquetaxe serán: como incluír a información de sustentabilidade e o benestar animal.
ETIQUETAXE SOSTENIBILIDADE E BENESTAR ANIMAL
A Comisión Europea tamén ten previsto desenvolver uns criterios mínimos para a compra pública de alimentos sostibles para garantir que os servizos públicos poidan ofrecer este tipo de alimentos no seu ámbito (hospitais, escolas,…).
“Para alcanzar el reto de la SUSTENTABILIDADE será necesaria la Solidaridade Social, Económica y Tecnolóxica da Innovación”
A intervención de Luís Vivas Alegre e outros invitados pódela consultar a través da noticia da xornada da AESAN